O Carballiño sobe once contaxios nas últimas 24 horas, ata os 76 casos activos

IES CHAMOSO LAMAS

A comarca do Carballiño rexistra hoxe 89 contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe 11 contaxios, ata os 76 casos activos. Maside mantén os 8 contaxios. San Cristovo de Cea mantén dous casos. O Irixo, Piñor e San Amaro presentan un caso cada un deles.

No Ribeiro, Ribadavia sobe un caso ata os 21 casos activos, Arnoia presenta 7 casos, Melón sobe dos 4 ós 6 contaxios, Carballeda de Avia sobe ós 4 casos, Cenlle sobe ós 3 casos; Beade, Cortegada e Leiro soben ós dous casos cada un deles e Avión e Castrelo de Miño contan cun caso cada un. Todos os concellos presentan casos.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

A comunidade galega rexistra hoxe 499 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa levemente. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 5.422, preto de 400 máis nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 27 (+1) están en UCI e 128 (+14) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 144 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 1.460 casos activos, máis de 109 nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 45 (+8) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 5 (=)  na UCI.