O Padroado do Museo da Limia convoca o III certame literario Antón Tovar, patrocinado por Bienestar Hoteles y Resorts SL, e insta á RAG a que lle outorgue o Día das Letras Galegas de 2027 ao poeta limiao.
A Xunta Directiva do Padroado do Museo da Limia, na xuntanza celebrada o 14 de abril, acorda convocar o III Certame literario Antón Tovar, a fin de fomentar a realidade limiá, reiterarlle á Real Academia Galega a demanda de que lle outorgue o Día das Letras Galegas de 2027 a ANTÓN TOVAR BOBILLO, renderlle homenaxe ao seu principal valedor, don Xesús Alonso Montero, e instar aos concellos da Limia, asociacións culturais e Deputación Provincial de Ourense a que se adhiran ao acordo do Museo da Limia.
O professor Xesús Alonso Montero acompaña ao poeta limiao desde a edición do libro Antonio Tovar, poesía galega complete no ano 1974, que reúne os tres primeiros poemarios do autor, até o seu ultimo libro, Cadáver adiado(2001), con prólogos, estudos introdutorios e textos divulgativos de case todas as creacións literarias do escritor. Alonso Montero foi colaborador entusiasta nestes últimos anos en moitos dos actos promovidos polo Museo da Limia, coa finalidade de difundir edivulgar a figura e a obra de Antón Tovar para alén do ámbito territorial ourensán.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
[ANTÓN TOVAR BOBILLO (A Pereira, Rairiz de Veiga, 1921 – Ourense, 2004) é unha das voces líricas máis importantes da literatura galega na segunda metade do século XX. Poeta maiúsculo, en palabras do académico Xesús Alonso Montero, o seu valedor incondicional, Tovar é autor de sete poemarios, que van de Arredores (1962) a Cadáver adiado (2001). Creación existencial na procura de entender e explicar a condición humana, que se acrecenta con dous radicais libros de memorias –Diario sin datas (1987) e Diario dun vello revoltado (2001)– e cun sorprendente conxunto de relatos, A grande ilusión e outros contos (1990)]
BASES DO CERTAME LITERARIO “ANTÓN TOVAR”
O Museo da Limia convoca o III Certame Literario “Antón Tovar”, con motivo do 22º cabodano do pasamento do poeta limiao, que se axustará ás seguintes BASES:
- A participación está aberta a cantas persoas o desexen, cun máximo de tres obras por autor/a.
- As creacións, orixinais e inéditas, escritas en lingua galega, poderán ser en prosa ou en verso, cunha extensión máxima de 2000 caracteres (200 palabras) para os textos prosísticos e de 30 versos para as composicións poéticas.
- A temática dos textos ten de glosar algún(s) aspecto(s) da realidade limiá.
- As creacións estarán escritas en letra tipo Times New Roman de 12 puntos, en formato DIN A-4.
- As obras, cun lema e sen nome do autor/a, enviaranse a este enderezo: Certame Literario “Antón Tovar”. Museo da Limia, Rúa de Celanova, 63. 32650 Vilar de Santos (Ourense). Nun sobre pechado no que figure o lema, introducirase unha copia do documento de identidade e un teléfono de contacto do/a participante.
- O prazo de presentación dos traballos abranguerá até o día 20 de maio de 2026.
- Establécese un único premio, consistente na cantidade de 600 euros, que conta co patrocinio de Bienestar Hoteles y Resorts SL.
- O xurado estará formado por cinco membros designados pola Xunta Directiva do Padroado do Museo da Limia.
- O fallo do xurado, que non admite apelación, farase público o día 13 de xuño.
- A entrega do premio será o día 20 de xuño, nun acto de lembranza do poeta da Pereira no Museo da Limia.
- A creación premiada será publicada na revista Tempos Novos.
- A participación no certame literario “Antón Tovar” implica a total aceptación das presentes bases.
Vilar de Santos, 14 de abril de 2026.
ACORDO DA XUNTA DIRECTIVA DO 14/04/2026

















