O VIII Car Outlet Ourense abriu hoxe as súas portas ofrecendo importantes descontos especiais de feira que teñen o obxectivo de contribuir a dinamizar as ventas de coches na provincia de Ourense conseguido a un tempo rexuvenecer o seu paque móbil (18,2 anos de media) e gañar en seguridade e sustenmtabilidade. Para acadalo, 20 concesionarios que representan a 28 marcas (máis do 90% das que operan mercado español) ofrecen maís de 400 coches seminovos, kilómetro cero ou de ocasión con importantes descontos e vantaxes.
A entrega inmediata, as facilidades de financiamento, as garantías que ofrecen os concesionarios oficias (ata 10 anos nalgúns casos) e o aforro que supón comprar un vehículo xa matriculado (pode ser ata un 40% máis barato ca novo) convértense nos principais reclamos do VIII Car Outlet Ourense. Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, e que conta co apoio da Deputación Provincial de Ourense.
Esta maqñá organizouse unha visita aos expositores na que participaron distintas autoridades locais e provinciais que quixeron a acompañar aos membros de ACAUTO, unha asociación empresarial que no mes de xuño cumpre 30 anos de historia e cooperación e cuxa celebración quixeron adiantar nesta cita ofrecendo o que denominaron “os mellores prezos do ano”.
O VIII Car Outlet Ourense estará aberto ata este domingo 19 de abril e ofrece boas oportunidades do mercado de vehículos de ocasión e segunda man e seminovos, puidendo atoparse vehículos que acaban de ser matriculados ata outros con ata 7 anos de antigüidade. A oferta do salón é moi variada, cubrindo todasas gamas posibles e motorizacións, xa que os híbridos e eléctricos comezan a medrar no mercado de ocasión. Esta cita reflicte ademais a consolidación no mercado ourensán de novas marcas asiáticas (MG, Omoda ou Jaecco); de marcas exclusivamente eléctricas como Leap Motor ou ByD ou de marcas clásicas de camións reconvertidas á fabricación de utilitarios como EBRO.
Dende ACAUTO que o perfil de coche máis demandado é o que ten entre 2 e 5 anos de antigüidade, diesel, e que ronde entre os 15.000 e os 20.000 euros., franxa de prezo onde se atopan a maioría dos vehículos expostos A oferta é tan variada que o abano de prezos desta edición volve ser moi amplo e pode atoparse dende un Opel Astra de 2019 con 100.000 kms por 8.990 euros ata un Mercedes Benz GLE de 2024 con 20.000 kms por 94.000 euros
O horario de apertura do salón será hoxe venres ata as 20,30 h, e mañá sábado, día 18, de 10,00 a 20,30 h, mentres que o domingo, 19 de abril, será de 11,00 a 20,00 h. A entrada terá un custo de 3 euros, sendo gratuíta para os menores de 12 anos. Para facilitar a elección do vehículo e ser un bo plan familiar para a fin de semana, o salón conta con Servizo de Ludoteca gratuíto que terá o seguinte horario: o sábado de 12,00 a 14,00 e de 17,00 a 20,30 h, e o domingo de 12,00 a 14,00 h. e de 16,30 a 20,00 h.

















