O PSdeG-PSOE de Ourense denuncia que o Partido Popular rexeitou na Comisión de Agricultura, Gandería e Alimentación do Senado unha moción impulsada polo Grupo Parlamentario Socialista para reforzar a sustentabilidade e protección da Denominación de Orixe Protexida (DOP) Ribeiro, unha das máis antigas e emblemáticas do viñ ogalego.
“Ningún senador do PP de Ourense atreveuse a tomar a palabra para xustificar o seu voto en contra”, sinalou o senador socialista por Ourense , Rafael Rodríguez Villarino, que destacou que a intervención do PP finalmente foi realizada polo senador por Lugo, José Manuel Balseiro. “A negativado PP prodúcese nun momento especialmentecrítico para o Ribeiro. Os datos evidencian unha situación de deterioro: o valor económico da produción caeu máis dun 30% na última década, en contraste coa evolución positiva doutras denominacións galegas; o prezo medio do litro sitúase en apenas 4,23 euros, o máis baixo de Galicia; e a última colleita apenas superou os 8 millóns de quilos de uva, reflectindo unha tendenica descendente condicionada polo cambio climático,as pragas como o mildiu eo abandono de viñedos”, apuntan os socialistas.
Ademais, dende o PSdeG-PSOE engaden que o sector arrastra problemas estruturais como a perda de viticultores, o envellecemento — cunha media de idade ao redor dos 65 anos—, a fragmentación da propiedade ou a falta de adaptación dos seguros agrarios á realidade do territorio. “A pesar deste contexto, o PP votou en contra dunha iniciativa que expuña medidas concretas para reverter esta situación, como mobilizar parcelas abandonadas, fomentar a remuda xeracional, mellorar a cadea de valor para garantir prezos xustos, adaptar os seguros agrarios, impulsar a formación en enoloxía e potenciar o enoturismo como vía de desenvolvemento económico”, lamentan os socialistas, e comentan que “a DOP Ribeiro non é un sector menor: conta con ao redor de 1.600 viticultores, preto dun centenar de adegas e representa aproximadamente o 3% do PIB e o 7% do emprego directo na comarca, o que evidencia o seu carácter estratéxico para o territorio”.
O senador socialista Rafael Rodríguez Villarino denunciou que“o PP decidiu dar as costas a un sector que está nunha situación límite e que necesita apoio urxente da sadministracións públicas”. “Os datos son claros:caída de produción, perda de valor, abandono de viñedos e envellecemento do sector. Ante esta realidade, o responsable era actuar. Con todo, o PP optou por bloquear medidas que buscaban protexer ao Ribeiro e garantir o seu futuro”, sinalou.

















