Novos xogos e mobiliario para a área de recreo infantil do Parque Municipal do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño, a través da área de Medio Ambiente, vén de realizar importantes melloras no espazo infantil do Parque Municipal do Carballiño. A actuación da concellería dirixida por Elvira Torres supuxo un investimento de 21.931,25 euros e incluíu a instalación de novos xogos, a reparación de elementos, o cambio da area e a limpeza e desbroce de toda a zona. “Os máis pequenos xa poden desfrutar dun recinto completamente renovado”, apunta a concelleira.

O parque infantil conta cunha nova tirolina, un dos xogos máis populares entre os nenos e nenas, e un novo barco infantil. Ademais, reparáronse o resto de elementos do recinto, como bambáns e tobogáns, que presentaban certo deterioro debido ao uso e ao paso do tempo. “Tamén se instalaron dúas mesas de picnic novas para que as familias poidan estar máis cómodas, e dúas papeleiras, xa que este é un espazo lúdico natural que debemos coidar entre todos e todas”, sinala Elvira Torres.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A intervención rematouse co cambio de area de todo o recinto e coa limpeza, poda e desbroce do entorno. “Convidamos aos máis cativos a que se acheguen e desfruten deste parque totalmente renovado”, engade a concelleira.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------