Estudantes de Alemaña e O Carballiño protagonizan un intercambio cultural no IES Nº 1

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un grupo de 17 estudantes de ensino medio de Alemaña viaxaron esta semana ata a vila do Arenteiro con motivo do segundo intercambio educativo e cultural que protagonizan con outros tantos alumnas e alumnos do IES Nº1 do Carballiño.

As mozas e mozos alemáns chegaron o pasado martes e na mañá de hoxe, xunto cos compañeiros e compañeiras do centro de ensino carballiñés e a súa directora, Almudena Mosquera, foron recibidos no salón de plenos da Casa do Concello polo alcalde en funcións, José Castro, e a concelleira de Educación, Lorena Castro, que saudaron e agasallaron cun pequeno obsequio aos participantes neste intercambio.

A continuación, e guiados polo historiador Xosé Luis Sobrado, visitaron enclaves senlleiros da vila como a Praza Maior, o Gran Balneario e o templo parroquial da Veracruz, e mañá desprazaranse ata San Cristovo de Cea para coñecer o Mosteiro de Oseira. A estadía dos estudantes de Alemaña prolongarase ata o vindeiro xoves, 30 de abril.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------