A lingua sobe o volume: o IES Chamoso Lamas dinamiza o galego a golpe de festival o vindeiro luns

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vindeiro luns 18 de maio, o IES Manuel Chamoso Lamas converterase nun laboratorio de sons e identidade. O equipo de
Dinamización da Lingua Galega organiza unha xornada musical deseñada para transcender os libros e facer da lingua unha experiencia compartida, vibrante e chea de ritmo.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O festival presenta un cartel do máis diverso que percorre diferentes xeitos de entender a música actual en Galicia. O alumnado poderá gozar de Grande Amore, que ofrecerá un set en formato acústico para mostrar a potencia lírica e a honestidade que o converteron en referencia da escena alternativa. Pola súa banda, De Ninghures levará ao escenario a súa enerxía colectiva, fundindo a raíz
tradicional coa frescura de quen entende a música como un espazo de festa, modernidade, identidade e reivindicación. O cartel complétase coa elegancia de Nastasia Zürcher, unha das voces máis internacionais da nosa música, que achega unha mestura impecable de soul, pop e world music. Ademais das actuacións destes cabezas de cartel, subirán tamén ao escenario varias propostas musicais do alumnado do instituto.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O evento, que terá lugar entre as 11,40 e as 14,10 horas, está dirixido exclusivamente ao alumnado do centro e está concibido como un auténtico festival, polo que haberá postos con bolsas, pulseiras, tatuaxes, comida… e, por suposto, photocall! Esta iniciativa busca converter o instituto nun espazo de lecer activo onde o galego sexa o fío condutor. Lonxe de formatos ríxidos, a xornada aposta por unha aprendizaxe orgánica e emocional a través da arte.

“A dinamización lingüística non é falar sobre a lingua, é vivila. Traer artistas de diferentes estilos que crean en galego permite que o alumnado sinta o idioma como algo propio, útil e creativo a través da experiencia directa con grandes referentes da nosa cultura”, explican dende a organización do festival.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------