A área de Educación do Concello do Carballiño conmemorou hoxe o Día das Letras Galegas, adicado este 2026 á xornalista e escritora Begoña Caamaño, coa presentación dun libro en galego ante o estudantado e veciñanza do municipio.

Concretamente, alumnas e alumnos do IES Nº1 e do colexio Vila do Arenteiro asistiron esta mañá ao acto que tivo lugar no Auditorio Manuel María, no que Senén Barro presentou “Poden pensar as máquinas?”. O autor estivo acompañado pola concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Lorena Castro; Henrique Alvarellos, director de Alvarellos Editora, e Reme Forneiro, da Libraría Ozoco.
Senén Barro, doutor en Física, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e director científico de CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela), expuso as súas reflexións sobre a orixe da IA, as súas semellanzas co cerebro e o horizonte de mellora desta tecnoloxía tan utilizada hoxe en día.
Aínda que estaba prevista a inauguración dun mural adicado á figura de Begoña Caamaño, a xornalista que protagoniza o Día das Letras Galegas, na parte traseira do edificio cultural, debido ás inclemencias meteorolóxicas destes días aínda non foi posible a súa decoración.
















