A Concellería de Deportes do Concello do Carballiño, coa colaboración do Ximnasio Kórpore, organizan para o vindeiro sábado, 30 de xuño, a celebración da segunda edición do ‘Maratón Fitness’, que terá lugar na praza Juan Corral Pajariño dende as 10,30 horas.
O edil desta área municipal e alcalde en funcións, José Castro-Gil, suliñou que “esta actividade está aberta a tódalas idades e é completamente gratuíta, xa que o obxectivo é que a veciñanza practique deporte todo o ano”. O concelleiro de Deportes adiantou que “cara o futuro extenderemos este tipo de actividade a outras prazas e barrios do Carballiño”, tendo en conta o éxito das sesións de ioga e pilates que se desenvolven no pavillón Paco Chao nas fines de semana, “cunha media de participación de entre 30 a 40 persoas en cada modalidade”, indicou.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Pola súa banda, Rebeca Amil, xerente de Kórpore, avanzou que o ‘Maratón Fitness’ previsto para este sábado consistirá en “catro horas de actividade deportiva para todo o mundo, co obxectivo de darlle movemento ao corpo”. O programa comezará cunha sesión de zumba, seguida de pilates, ‘body bar’ e ioga, e calquera persoa pode achegarse ata alí sen inscrición previa e de xeito totalmente libre.
















