As directoras e directores dos distintos centros de ensino de infantil e primaria da comarca do Ribeiro estiveron a levar a cabo durante o curso escolar a organización dunha convivencia intercentros, que terá lugar o vindeiro 3 de xuño na área recreativa da Veronza, en Ribadavia.
Na actividade participará profesorado e alumnado do CEIP de Ribadavia, CRA Amencer, CEIP de Castrelo de Miño, CEIP Emilia Pardo Bazán de Leiro, CEIP Virxe de Guadalupe de Avión, CEIP Otero Novas (Cortegada), CEIP Pena Corneira (Carballeda de Avia), CEIP de Quins e CEIP Carmen García Carrasco (Cenlle)



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Esta convivencia ten unha doble finalidade: por un lado un aumento da visibilidade dos centros, cada vez en meirande situación de perigo por peche de aulas; e por outro, permitirlle ao alumnado relacionarse con outras nenas e nenos da súa idade fora do seu centro escolar. A convivencia está artellada arredor da propia idiosincrasia do Ribeiro, e nela faranse diferentes xogos e obradoiros deseñados e/ou adaptados polo profesorado dos nosos centros. A xornada rematará cun pequeno concerto a cargo de Pakolas.

















