O Centro Sociocomunitario pon en marcha a programación de verán con actividades deportivas e obradoiros

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Desde o Centro Sociocomunitario do Carballiño informan da posta en marcha da súa programación de verán, correspondente aos meses
de xullo, agosto e setembro, cunha ampla oferta de actividades destinadas a fomentar a convivencia e o benestar das nosas persoas
usuarias. Debido ás altas temperaturas propias desta época do ano, todas as actividades desenvolveranse exclusivamente en horario de
mañá, suspendéndose temporalmente a nosa programación de tarde durante o período estival.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

No ámbito físico-deportivo, o programa inclúe dous grupos de ximnasia, dous grupos de pilates, dous grupos de baile, dous grupos de
ioga, un grupo de taichí e un grupo de cachibol, actividades coas que buscamos promover hábitos saudables e a actividade física entre
todas as persoas participantes. Ademais destas propostas, contarase tamén con outras actividades complementarias, como son a estimulación cognitiva para persoas maiores, un curso de elaboración de produtos de limpeza do fogar ecolóxicos e un curso de costura.

Estas últimas iniciativas están financiadas e promovidas pola Fundación Acolle; cabe sinalar que para ningunha destas actividades
complementarias —incluído o curso de costura— aínda non está aberto o prazo de inscrición, polo que dende a dirección do Centro avisarán en breve das datas correspondentes. Os horarios completos das actividades pódense consultar nas nosas instalacións, así como nas nosas redes sociais oficiais en Facebook e Instagram.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


En canto ao proceso de inscrición, as actividades físico-deportivas abrirán o prazo de matrícula a partir do vindeiro luns, 1 de xuño. Esa primeira xornada estará reservada exclusivamente para persoas maiores de 75 anos, que poderán anotarse ao longo de todo o día, sen necesidade de colas nin esperas, e de xeito presencial nas instalacións, tanto en horario de mañá como de tarde. A continuación, o prazo de inscrición permanecerá aberto para o conxunto da poboación interesada. Dende a dirección do Centro Sociocomunitario recoméndase que consulten tamén os días de inscrición nas nosas instalacións ou redes sociais, xa que existen datas e horarios concretos para cada actividade. Como é habitual, as prazas asignaranse por rigorosa orde de chegada ata completar o aforo.

A dirección do Centro quere aproveitar a ocasión para convidar a toda a poboación carballinesa a asistir e participar na clausura do programa anual de actividades. Este evento terá lugar no Auditorio Manuel María do Carballiño o martes 23 de xuño, véspera da festividade de San Xoán, a partir das 19,00 horas, nunha xornada moi especial na que haberá exhibicións dalgunhas das actividades que se desenvolveron ao longo de todo o ano.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------