A plataforma SOS Sanidade Pública, a través da súa delegación no Carballiño, convocou á cidadanía a unha concentración o próximo xoves, 4 de xuño de 2026, ás 12.00 horas, fronte ao Centro de Saúde do Carballiño.
O motivo da protesta é esixir á Xunta de Galicia a corrección das deficiencias na atención sanitaria, especialmente as relacionadas coas listas de espera, que segundo a plataforma:

- Son consecuencia do déficit de recursos, fallos en Atención Primaria, mala xestión, baixa actividade en hospitais públicos e dobre dedicación de parte do persoal que traballa na pública e na privada.
- Estarían manipuladas e falseadas polo SERGAS, ocultando máis dun terzo das persoas en espera.
- Son máis longas que antes da pandemia, xeran dor, temor, incerteza, complicacións e mortes evitables.
- Deterioran a imaxe da sanidade pública e favorecen as derivacións a centros privados e a contratación de seguros privados.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Esixencias da plataforma:
- Incrementar os recursos en Atención Primaria.
- Poñer a pleno rendemento os hospitais públicos e acabar coas derivacións a centros concertados.
- Esixir a dedicación exclusiva do persoal sanitario, cumprindo a Lei de Incompatibilidades.
- Acabar coa manipulación das listas de espera.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















