O Paco Chao acollerá o 11 de setembro un torneo de tenis de mesa dirixido a todas as idades e niveis

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O pavillón Paco Chao do Carballiño acolle o venres 11 de setembro o Torneo de Tenis de Mesa impulsado polo Club Ourense Tenis de Mesa en colaboración coa Deputación de Ourense. A actividade, dirixida a todos os niveis, permitirá achegar este deporte á pequenos e maiores do municipio. “Animamos a que todas as persoas interesadas se anoten, vai ser unha xornada deportiva moi divertida”, destaca José Castro-Gil, alcalde en funcións, quen resalta o apoio do Concello do Carballiño ao fomento da actividade física.

O torneo celebrarase a partir das 16,30 horas e contará con dúas categorías: sub 16 (nados en 2011 e posteriores) e absoluta (nados antes de 2011). “Teremos trofeos para os primeiros catro clasificados de cada categoría, así como medallas para todos os participantes na categoría sub-16”, detalla Jorge Gamazo, presidente do Club Ourense Tenis de Mesa. Ademais, haberá agasallos para todos os xogadores e xogadoras, así como froita e auga a súa disposición durante toda a xornada.

As inscricións son gratuítas e xa están abertas e pódense formalizar no Concello do Carballiño, a través do teléfono 667 412 636 ou do mail ourensetenisdemesa@gmail.com. A idade mínima para participar é de oito anos.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------