O acto terá lugar o sábado 20 de xuño ás 12:00 h no Casino do Carballiño, coa actuación de María do Ceo e a presentación da actriz Uxía Blanco.
O Carballiño, 11 de xuño de 2026. – O director do Instituto de Estudios Carballíñeses (IEC), Avelino Muleiro, e o seu equipo directivo convidan a todos os medios e ao público en xeral ao acto de presentación do número 45 da revista Ágora do Orcellón e do libro O románico nas comarcas de Celanova, A Limia, Monterrei, Verín e Castro de Caldelas.
O evento celebrarase este sábado, 20 de xuño, ás 12:00 horas, no salón de actos do Casino do Carballiño.
A xornada contará coa actuación musical de María do Ceo, que estará acompañada polos seus músicos, e coa presentación a cargo da actriz e socia do IEC Uxía Blanco, quen dará a benvida e conducirá o programa.
Esta dobre publicación supón un novo fito na labor de investigación e difusión do patrimonio cultural e histórico da comarca, cun especial interese no románico das cinco comarcas ourensás. A revista Ágora do Orcellón chega ao seu número 45 consolidada como referente dos estudos locais.
O Instituto de Estudios Carballíñeses convida a veciños, investigadores, e amantes da cultura a participar neste encontro, que promete unha mañá de música, literatura e patrimonio.
SUMARIO DO NÚMERO 45 DA REVISTA ÁGORA DO ORCELLÓN
Presentación. Avelino Muleiro // Os cogomelos comestibles e a Primavera. Marisa Castro // Os muíños de Beariz: un patrimonio fantástico nunha terra de canteiros e labregos. Xesús Gulías // De río. Gabriel Romero // Sancho despois de Don Quixote. Mario Bunge // Un anarquista de San Martiño de Lamas: Manuel Daniel Rodríguez Figueiredo, “intransigente. Xesús Gulías // Características dos grandes científicos. Luis Espada // Microrrelatos: A cadeira do fondo. Pablo Pérez. O reloxo do café. David Fuentes. Marusía. Antonio Saco. Un amante iraní, un gato e unha illa…. Alba García // Proxecto Gran Simio: Máis de dúas décadas defendendo os nosos irmáns evolutivos. Pedro Pozas // O Gran Capitán. Antonio Murillo // Don Xesús Alonso Montero e Ágora do Orcellón. Patricia Arias // O proceso xurídico contra Prisciliano: Da Causa Ecclesiae ao Iudicium Publicum no contexto do Dereito Romano Tardoantigo. María José Bravo

















