O BNG convoca para mañá un acto público en Beariz contra a explotación mineira de Doade

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Bloque Nacionalista Galego celebrará, mañá, sábado, 20 de xuño, ás 11,00 horas, un acto público na localidade de Doade, no concello de Beariz, baixo o lema “En Doade non á mina. Non ó espolio do noso país”. No encontro participarán o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a senadora do BNG, Carme da Silva, quen trasladarán á veciñanza o traballo desenvolvido pola organización nacionalista nas institucións do Estado en defensa dos intereses de Galiza e do rural galego.

O acto servirá tamén para abordar a preocupación social xerada polos proxectos mineiros que ameazan distintos territorios galegos e para reafirmar o compromiso do BNG coa protección do medio natural, dos recursos hídricos, da actividade agrogandeira e da calidade de vida da
veciñanza. Desde o BNG sinalan que a defensa do territorio e dos recursos naturais debe situarse por riba dos intereses especulativos e dos proxectos extractivos que poidan comprometer o futuro das comunidades locais.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A formación nacionalista anima á veciñanza de Beariz e dos concellos da contorna a participar nesta convocatoria.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------