A asociación fotográfica O Potiños vén de emitir un comunicado sobre a resolución do Concurso Fotográfico Tema Libre 2026, anunciando o retraso na resolución do certame, debido á detección de que algunhas das fotografías seleccionadas como finalistas (un total de 20) non se axustan ás bases do mesmo e polo tanto quedaron eliminadas para optar aos premios.
O xurado xustifica a súa decisión apoiándose no contemplado nas devanditas bases: “O tema das fotografías é libre; con todo, as imaxes non deben ser publicadas. nin presentadas anteriormente noutro concurso. Permítese o uso de calquera tipo de equipo técnico e de retoque fotográfico, aínda que non está autorizado o uso de intelixencia artificial (IA). A participación nesta edición do Concurso de Fotografía de Tema Libre 2026 implica a aceptación íntegra destas bases”.
En consecuencia, dende O Potiños lamentan esta incidencia e avanzan a convocatoria dunha xunta directiva de O Potiños para unha nova revisión das fotografías presentadas -ao redor de 250- co obxectivo de elaborar unha lista definitiva de finalistas.
















