O Parque Municipal do Carballiño acollerá este sábado a primeira edición do ‘Torneo San Cibrao’ de xadrez

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Un cento de persoas de tódalas idades participará este vindeiro sábado, 5 de setembro, no ‘I Torneo San Cibrao de Xadrez’, que terá lugar na pista central do Parque Municipal do Carballiño entre as 16,00 e as 20,00 horas.

O concelleiro de Deportes, José Castro-Gil, e o representante do Club Xadrez Ourense, Luis Fernández, presentaron o evento esta mañá no salón de plenos da Casa do Concello. O tamén alcalde en funcións salientou a boa resposta de participación que está a ter a Escola Municipal de Xadrez, apuntando que “o xadrez é un deporte máis”.

Pola súa banda, o profesor da escola avanzou que “será un torneo aberto no que poden participar pais, nais, rapaces, e no que haberá moitos niveis competitivos, establecéndose dúas categorías, unha de xogadores por debaixo dos 12 anos e outra para maiores de esa idade”. Para cada categoría haberá tres primeiros premios, con trofeos e material deportivo, e sorteos de xogos de pezas de madeira e ata un xamón.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------