O venres (día 11) en Ribadavia: Presentación de “Polo avieiro de dona Emilia” con Carlos Méixome

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Unha cita literaria en Ribadavia

O vindeiro 11 de setembro, Carlos Méixome estará en Ribadavia para falarnos do seu libro «Polo avieiro de dona Emilia». Acompañará ao autor o profesor e historiador ribadaviense Anxo Collarte Pérez, nunha conversa que promete achegar luz e contexto a esta obra tan especial.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O título xa nos adianta o seu carácter singular: Avieiro é un hidrotopónimo nado da “farturenta creatividade” de Emilia Pardo Bazán, ao fundir os nomes dos ríos Avia e Arenteiro. Sobre ese territorio imaxinario e difuso, Méixome constrúe a súa propia narrativa, coa apertura do limiar de Gonzalo Navaza.


DataVenres, 11 de setembro
Hora19:30h
LugarMuseo Etnolóxico de Ribadavia

Interveñen

  • Carlos Méixome (autor)
  • Anxo Collarte Pérez (profesor e historiador)

Para quen?

Esta presentación é unha boa oportunidade para coñecer esta obra, tanto para a xente de Ribadavia como para aquelas persoas que non puidestes asistir á presentación que se fixo no Carballiño. Se che quedaches con ganas ou simplemente queres redescubrir o libro en compañía dos seus protagonistas, esta é a túa ocasión.


Non volo perdades!

Achégate ao Museo Etnolóxico de Ribadavia para desfrutar dunha tarde de literatura, historia e territorios imaxinados nun marco incomparable.

A esperámosvos!

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------