O patrimonio natural e cultural do Carballiño estará exposto no Encontro de Casas Rexionais e Provinciais de Sevilla

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Carballiño estará presente no Encontro de Casas Rexionais e Provinciais de Sevilla, que se celebrará do 9 ao 12 de outubro nos Xardíns de Murillo da capital andaluza. O encontro, organizado polo Concello de Sevilla, é unha exposición promocional das distintas casas rexionais da cidade, como o Lar Gallego, que este ano adica o seu stand á vila do Arenteiro.

Deste xeito, os visitantes poderán coñecer as xoias paisaxísticas, gastronómicas e arquitectónicas do Carballiño a través de imaxes, cartalaría e folletos do Parque Municipal, da Festa do Pulpo, do Templo da Veracruz ou da oferta termal do Gran Balneario e Partovia. “Estamos moi agradecidos co Lar Gallego, que despois de adicarnos a súa caseta durante a Feria de Abril, agora nos fai partícipes deste gran encontro de casas rexionais”, destaca Manuel Dacal, concelleiro de Turismo.

Nesta liña, o edil pon en valor a colaboración do Concello do Carballiño con entidades doutras zonas de España e de Europa, o que permite promocionar os atractivos turísticos da vila en diferentes citas nacionais e internacionais. “Este ano, desde a Concellería de Turismo estreitamos lazos con lugares como Sevilla, Lanzarote, Mogán, Alijó ou Noventa Padovana, o que fortalece a nosa identidade, o noso atractivo turístico e a nosa capacidade de tender pontes con outros pobos”, recorda Dacal.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------