Cine Club Carballiño inicia a nova tempada coa proxección de tres comedias no Auditorio esta fin de semana

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A programación de Cine Club Carballiño para a nova tempada 2026-2027 abrirase esta fin de semana coa proxección de tres películas con tintes de comedia. Así, o vindeiro venres, 18 de setembro, no horario habitual de 20,00 e 22,30 horas, ofrecerá o último filme de Jonás Trueba, “Los ilusos 13+13”. Esta é unha nova versión da súa película de debut na que xoga cos materiais antigos e os novos dándolle unha nova vida, un filme precioso que cobra a medida que avanza unha nova dimensión.

Cine Club continuará o sábado 19, ás 20,00 horas, coa recuperación dun dos grandes éxitos do cineasta norteamericano Jim Jarmush, “Noche en la tierra”, mestura xenial de comedia e drama articulada en cinco historias independentes pero con un mesmo fío condutor: un taxi e a noite.

E pecharán este ciclo o domingo, día 20, con outro filme recentemente estreado no noso país, “Pillion”, que gañou o premio á Mellor película británica independente. O seu horario de proxección será tamén ás 20,00 horas.

Todas as sesións serán no Auditorio Manuel María do Carballiño e o custe da entrada será de 3 euros. 

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------