Termatalia 2026 pechou esta tarde as portas da súa 24ª edición convertida no foro de debate no que 50 expertos de 10 países analizaron as novas tendencias do turismo de benestar e como os balnearios tradicionais han de adaptarse a elas sen perder a súa tradición, a súa identidade nin a súa dimensión sanitaria. Os relatorios do VII Congreso Internacional sobre Auga puxeron de manifesto ademais o bo momento que vive o termalismo e o poder deste como motor de desenvolvemento da contorna no que o seu sitúan os balnearios (medio rural na gran maioría dos casos). Este congreso foi seguido de forma física por 500 persoas durante as dúas xornadas aos que hai que sumar os asistentes virtuais que se conectaron desde España, Portugal, Francia, Estados Unidos, México, Colombia, Perú, Brasil, Uruguai e Chile. En total, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar atraeu a Expourense a 3.000 visitas durante os dous días.

As conferencias do congreso desta segunda xornada estiveron centradas en analizar como foi aumentando e cambiando o tradicional concepto de benestar. Agora xa non se busca soamente descanso e desconexión, búscase tamén prevención, natureza, alimentación, actividade física, saúde mental ou lonxevidade. Tal e como explicou hoxe durante o seu relatorio o Consultor, doutor en turismo e profesor da Universidade de Xirona, Jaume Marín, “o turista xa non elixe unicamente onde ir ou que visitar; cada vez aguzosa máis atención a como quere sentirse durante a viaxe e, sobre todo, como quere regresar .Xa non basta con escapar da rutina: búscase regresar mellor, física e emocionalmente, e coa sensación de vivir algo que realmente mereceu a pena. Estas tendencias están a reescribir algunhas das regras do turismo e abrindo novas oportunidades para destinos rurais e de interior capaces de conectar benestar, natureza, patrimonio e identidade local”.
Outro dos temas abordados na xornada de hoxe foron as vantaxes que a Intelixencia artificial poden achegar ao termalismo. Un dos relatores que abordou este tema foi o Desenvolvedor Sénior de Negocios Internacionais, Transformación Empresarial e Dixital en Microsoft, Juan Torres, quen deixou claro que “a IA non substituirá a auga, o coidado profesional, a hospitalidade nin a confianza. Estes seguirán sendo os grandes activos do sector. Pero pode amplificar o seu valor, axudando a destinos e centros termais a personalizar servizos, tomar mellores decisións e traballar con maior axilidade. O turismo termal seguirá sendo humano. A oportunidade consiste en utilizar a IA para facelo personalizado, eficiente e sostible, sen perder aquilo que o fai único”.

CATA INTERNACIONAL DE AUGAS
Hoxe entregáronse tamén os premios da XXI Cata Internacional de Augas Minerais. As premiadas foron as seguintes
Categoría Auga Mineral sen gas de mineralización débil:
Primeiro Premio: Fontecelta
Segundo premio: Sousas,
Categoría Auga Mineral sen gas de mineralización moi débil:
Auga Sa
Categoría Auga Mineral con gas natural:
Magma Orixinal.
Categoría Auga Mineiras con gas engadido
Cabreiroá con gas.
Entre as actividades celebradas nesta segunda xornada destacaron ademais o Taller de Ioga Wellness impartido por Experiencia Wellness ou a cata de augas termais organizada por Turismo Centro de Portugal. Tamén se presentaron varias publicacións relacionadas con estética.
Este día de peche foi tamén o elixido pola Wellness & Medical Tourism World Association para entregar dúas distincións a expositores que destacan pola calidade dos servizos relacionados co turismo de benestar e turismo médico. As empresas recoñecidas foron Termas de Sao Pedro do Sul 8portugal) e o Grupo Caldaria (España).
Termatalia 2026 celebrouse co apoio principal da Xunta de Galicia a través da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación Provincial de Ourense Ademais, contou como colaboradores como o Campus Auga da Universidade de Vigo, a Cátedra de Hidroloxía Médica-Balnearios de Galicia da Universidade de Santiago de Compostela, o ICTES, o Concello de Archena, Galicia Calidade e RENFE como Transporte Oficial.


















