O Carballiño, 5 de outubro de 2026. A Concellería de Cultura do Concello do Carballiño vén de convocar as axudas para a organización de actividades culturais e de animación sociocultural para o ano 2026, dirixidas a asociacións e institucións culturais sen ánimo de lucro.
Segundo as bases publicadas no Boletín Oficial da Provincia (BOP), poderán optar as asociacións e institucións culturais legalmente constituídas, sen ánimo de lucro, con domicilio social no Carballiño e inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións cunha antigüidade mínima de seis meses.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
As axudas contan cun orzamento total de 7.000 euros, sendo a contía máxima por beneficiario de 3.000 euros. As subvencións serán compatibles con outras para o mesmo fin, sempre que o importe total das prestacións non supere o 100% do investimento das actividades.
As asociacións e institucións interesadas deberán presentar a correspondente solicitude nun prazo dun mes contado a partir do pasado sábado, 3 de outubro.
Máis información: Concellería de Cultura do Concello do Carballiño.

















