Vox denuncia actos vandálicos na súa sede de Lugo e alerta dunha escalada de violencia en Galicia

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Lugo, 6 de outubro de 2026.- VOX denunciou actos vandálicos contra a súa sede en Lugo, situada na rúa Carril de Catasol 1, baixo, onde apareceron pintadas ofensivas como «Puta VOX» e proclamas antisemitas como «Zionist not welcome».

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A formación xa presentou a correspondente denuncia ante a Policía para que se investiguen os feitos, se identifique aos responsables e se depuren as responsabilidades que correspondan.

VOX alerta dunha escalada de violencia contra a formación e contra os seus afiliados e simpatizantes en Galicia, xa que este ataque se suma a outros incidentes rexistrados nos últimos meses noutras sedes galegas.

Neste sentido, o presidente de VOX Lugo, Jesús Rodríguez, condenou o ataque e afirmou que «este tipo de actos vandálicos reflicten o carácter totalitario de quen non respecta a liberdade nin a pluralidade política e elixe a violencia para impoñer as súas ideas». «A quen lles pese, non van conseguir silenciarnos nin con pintadas nin con ameazas. VOX seguirá defendendo os seus principios e traballando polos cidadáns de Lugo con máis firmeza que nunca», sinalou Rodríguez.

A formación reclama unha condena firme por parte das institucións e de todas as forzas políticas, e reafirma o seu compromiso coa liberdade política, a pluralidade e a convivencia democrática.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------