O Departamento de Xeografía e Historia protagoniza unha nova ponencia do 50 aniversario do IES Nº 1
O pasado mércores, dentro dos actos que se están a celebrar no IES Nº 1 de O Carballiño con motivo do seu 50 aniversario —entre eles, diversas ponencias organizadas polos departamentos—, foi a quenda do Departamento de Xeografía e Historia. O relatorio foi impartido por Carlos Fernández Pérez, quen foi profesor do centro, baixo o título «El ojo de Picasso».
A charla, dirixida ao alumnado de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato do IES Nº 1 de O Carballiño no curso 2026/27, propuxo unha reinterpretación do cadro Guernica con motivo do 90 aniversario do comezo da Guerra en España e da creación da obra por parte de Pablo Picasso e Dora Maar.

Durante a intervención fíxose especial fincapé no protagonismo de Dora Maar, non só como espectadora privilexiada daquel proceso de creación e destrución que supuxo o lenzo que hoxe se expón no Museo Reina Sofía de Madrid, senón tamén como autora material dalgunhas partes da obra e como posible inspiradora dalgunhas das solucións que Pablo Picasso asumiu antes de dar por concluído o cadro e envialo ao pavillón español da Exposición Internacional de París en xuño de 1937.
A actividade enmárcase no programa de conferencias do 50 aniversario do IES Nº 1 de O Carballiño.

















