Este venres, 16 de outubro, proxectarase no Auditorio Manuel María do Carballiño a película Palestina 36, dirixida pola cineasta Annemarie Jacir. Ambientada en 1936, cando Palestina está ao borde do colapso, a cinta retrata a resistencia árabe contra o mandato británico e a chegada de refuxiados xudeus desde Europa.
A historia segue o mozo Yusuf, que se debate entre protexer a vida que coñece e unirse a quen arrisca todo pola liberdade do seu pobo. Xunto a el, a xornalista comprometida Khouloud será testemuña de intrigas e heroicidades que cambiarán o rumbo da rexión.
Palestina 36 foi finalista aos Premios Oscar na categoría de Mellor Película Internacional e gañou o Premio á Mellor Película Internacional no Festival de São Paulo. O filme conta cun destacado elenco, no que sobresaen o veterano Jeremy Irons e Robert Aramayo, unha das grandes revelacións deste ano.
Haberá dous pases: ás 20:00 horas, en versión dobrada ao castelán, e ás 22:30 horas, en versión orixinal subtitulada. A organización agradece a colaboración do público. Un saúdo.

















