A CEO celebra un encontro empresarial, áxil e próximo, para coñecer en primeira persoa como empresas da provincia están a transformar oportunidades en proxectos reais de innovación, internacionalización, sostibilidade, investimento e crecemento.
A través das súas experiencias, coñeceremos como o acceso á información, aos programas e recursos da Consellería de Economía e Industria e do Igape, xunto co asesoramento e acompañamento próximo de Conecta Ourense, están a facilitar que empresas de diferentes sectores e comarcas poidan impulsar novos proxectos e afrontar os seus retos de futuro.
O encontro contará coa participación da Conselleira de Economía e Industria, que manterá unha conversa directa coas empresas e achegará a súa visión sobre os retos e oportunidades do tecido empresarial galego.
Evento – Encontro coas empresas ourensás e conversa con María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria
Data e hora: xoves, 15 de outubro – 12:00
Lugar: Confederación Empresarial de Ourense
Interveñen:
María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria
David Martínez, presidente da CEO
Empresas participantes:
• Gómez y Crespo
• Regalsa
• Dame après Paris
• Viña Costeira
• Eleko
• Granitos del Val

















