Avantar distingue as Escolas Semente co III Premio Ernesto Atanasio “O Corcheiro”

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Asociación Cultural Avantar distinguirá as Escolas Semente co III Premio Ernesto Atanasio “O Corcheiro” polo seu labor na transmisión da lingua galega e polo seu modelo educativo, baseado nunha pedagoxía activa, inclusiva e renovadora. A entrega do galardón celebrarase o sábado 24 de outubro, ás 19.30 horas, no salón de actos do Casino do Carballiño, na rúa Tomás María Mosquera, 6, e contará coa actuación musical da carballiñesa Marta Bravo e de Sérgio Tannus.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A convocatoria foi presentada esta mañá polo concelleiro de Cultura do Concello do Carballiño, Diego Fernández, e por Reme Forneiro, en representación de Avantar. Durante a presentación, Fernández destacou a importancia de recoñecer o traballo de persoas e colectivos da vila e de dar a coñecer referentes culturais entre a veciñanza, e fixo un chamamento á participación na entrega.

Pola súa banda, Reme Forneiro explicou que a elección das Escolas Semente responde ao seu compromiso coa presenza do galego na educación desde as primeiras etapas da vida. Segundo indicou, o proxecto naceu en 2011 do impulso dun grupo de persoas preocupadas polo retroceso do idioma nas escolas e bebe do legado das Irmandades da Fala. Forneiro destacou o carácter plurilingüe, inclusivo e laico do proxecto, así como unha metodoloxía que outorga ao alumnado un papel protagonista na súa aprendizaxe.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


A rede conta con centros de educación infantil e primaria en Santiago e Ferrol, ademais de escolas infantís na Coruña, Lugo e Vigo. O galardón consiste nunha figura dun galo elaborada pola artesá galega Pedras de Papel, co nome de Ernesto Atanasio “O Corcheiro”, símbolo ligado á identidade de Avantar. A entrega será aberta á participación da veciñanza.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------