A asociación Música e Cultura de Galicia organiza un completo programa cultural e tradicional para a fin de semana do 24 e 25 de outubro

---------------------------------------------------------------------------------------------------------
  • O sábado 24 celebrarase o V Festival da Música Tradicional e Popular no Parque do Fidalguiño (Sobrado do Bispo), mentres que o domingo 25 terá lugar unha andaina polo patrimonio natural de Piñor e o Xantar do Magosto 2026.

Ourense, 21 de outubro de 2026 – A Asociación Cultural Música e Cultura de Galicia ten listo un amplo e variado programa de actividades abertas á cidadanía para a fin de semana do 24 e 25 de outubro, co obxectivo de pór en valor a música tradicional galega, o patrimonio natural da contorna e as tradicións gastronómicas do outono.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A programación dará comezo o sábado 24 de outubro, ás 17:00 horas, coa celebración do V Festival da Música Tradicional e Popular no Parque do Fidalguiño de Sobrado do Bispo (Barbadás). Esta quinta edición reunirá sobre o escenario a unha destacada representación do folclore local e galego:

  • O grupo de cantareiras Zoadeira.
  • A agrupación de cantos de taberna Cuncas do Son.
  • O grupo Os do Fuelle, procedentes de Maceda.
  • O grupo “Voces e Cordas” de Sobrado do Bispo.
  • A Banda de Música e Cultura.

O festival conta coa colaboración do Concello de Barbadás, a Deputación de Ourense e a Asociación Cultural Porta da Cadea.

A xornada do domingo 25 de outubro estará dedicada á natureza e ao convívio veciñal. A actividade arrincará ás 9:30 horas coa realización dunha andaina con saída dende a entrada do Camiño de San Bieito (San Benito), en Piñor. Os participantes percorrerán unha ruta que transcorrerá pola capela de Cova do Lobo ata acadar o Penedo Tangaraño.

Como peche da fin de semana, ás 14:00 horas celebrarase o tradicional Xantar do Magosto 2026 no restaurante da Asociación Aixiña.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------