O PLAN ESPECÍFICO DE ACCIÓN COMUNITARIA DA XUNTA APOIA A 90 COLECTIVOS VECIÑAIS OURENSÁS NO SEU LABOR DINAMIZADOR NO ÁMBITO LOCAL
- Manuel Pardo explicou que no caso desta asociación, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes fixo un achega no ano 2025 para levar a cabo actuacións encamiñadas a optimizar a accesibilidade do local, e implementar melloras que contribúan á eficiencia enerxética e seguridade do recinto
- Na visita, o delegado lembrou que na resolución da orde deste ano deste ano, foron beneficiadas 90 colectivos veciñais ourensás que solicitaron apoio para 111 proxectos, 67 de obras e 44 de equipamento
Ourense, 23 de outubro de 2026. – O delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, visitou esta mañá o local da Asociación de veciños O Couto, na cidade de Ourense, para supervisar o resultado dos traballos de mellora acometidos por esta entidade con cargo a unha subvención do Plan específico de acción comunitaria da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, na convocatoria de 2025.
O delegado da Xunta concretou que no caso desta asociación veciñal, percibiu unha achega para levar a cabo actuacións encamiñadas a optimizar a accesibilidade do local, e implementar melloras que contribúan á eficiencia enerxética e seguridade do recinto, beneficiando directamente ás persoas usuarias da asociación.
Durante a visita, o representante do Goberno galego lembrou que na resolución da orde deste ano foron beneficiados 90 colectivos veciñais ourensás que solicitaron apoio para 111 proxectos, 67 de obras e 44 de equipamento, co fin de seguir apoiando o seu labor dinamizador no eido local. No caso desta entidade percibiu unha axuda para, entre outras actuacións, mellorar a accesibilidade ao local mediante a construción dunha rampla.
Nesta liña, tamén sinalou a diversidade de actuacións que poden executarse ao abeiro desta liña de apoio. Así, impúlsase a rehabilitación de locais sociais como espazos de encontro, convivencia e participación, a adquisición de equipamento para desenvolver as correspondentes actividades. Pola súa banda, as comunidades de usuarios de augas poden mellorar as traídas veciñais con actuacións nas captacións, canalizacións e depósitos, entre outras.
Actuacións na Asociación de veciños O Couto
O delegado da Xunta detallou que, ao que se refire á mellora das barreiras arquitectónicas do local, substituíronse as portas existentes de madeira dos dous baños de 62,5 centímetros, por unhas máis amplas de 82,5 centímetros para optimizar a accesibilidade dos usuarios da entidade.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
No tocante as melloras na eficiencia enerxética, procedeuse á montaxe dunha fiestra de aluminio cun fixo lateral con cristal climalit 4+16+4, mellorando as condicións térmicas desa zona do recinto; á reparación do teito onde se realizan as actividades da asociación para eliminar as humidades; á instalación dunha tarima sintética de madeira na sala dedicada á actividade de ximnasia; e á colocación de luminarias LED na oficina da sede.
















