Piñor acolle o luns día 2 unha charla da Garda Civil para a mellora da seguridade das persoas maiores

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A toma de medidas de prevención de riscos e a mellora da seguridade e a protección das persoas maiores son o argumento da charla informativa que protagonizará a Garda Civil en Piñor.

A cita terá lugar no salón de actos da Casa do Concello o vindeiro luns, día 2 de novembro, a partir das 17,00 horas. A actividade está enmarcada no Plan Mayor Seguridad da Garda Civil, orientado a reforzar a seguridade e previr estafas, roubos e maltrato, protexendo ás persoas maiores.

Dende o Concello de Piñor convidan á difusción desta charla na que nos informarán de ferramentas para saber cómo actuar ante estas situacións, polo que agardan teña unha boa acollida.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------