Ourense, 7 de novembro de 2026. A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, participou hoxe no tradicional magosto das Curuxeiras de Ourense, organizado pola asociación veciñal As Laxas, onde felicitou á veciñanza pola súa unión e pola intensa actividade social e cultural que promoven na contorna, ademais de reiterar o apoio do Partido Popular coas necesidades deste núcleo rural.
Acompañou á veciñanza neste magosto ao que tamén asistiron a presidenta da Xunta Xestora do PP local e candidata á Alcaldía da cidade, Ana Méndez, e outros cargos do partido, entre os que participaron candidatos e candidatas ao Congreso e Senado pola provincia de Ourense nas eleccións do 29N. Durante o encontro, os populares puideron escoitar de primeira man as necesidades da veciñanza deste núcleo rural da cidade e dar a coñecer o proxecto do Partido Popular para a reconstrución de España a partir do 29N da man de Alberto Núñez Feijóo.

















