Ourense, 10 de novembro de 2026.— As librarías da provincia de Ourense preparan unha nova edición do Día das Librarías, que se celebra o venres 13 de novembro baixo o lema nacional «Entra en la librería, asómate a la cultura». Os establecementos ourensáns ofrecerán ese día un desconto especial do 5% en todas as compras de libros.
Como antesala, o xoves 12 de novembro a Agrupación Provincial de Libreros de Ourense, en colaboración co Concello de Ourense, organiza unha xornada de dinamización infantil dirixida ao alumnado de educación infantil e primaria dos CEIP Manuel Sueiro e CEIP Mestre Vide. A actividade estrutúrase en dous turnos: ás 10:30 horas comezará a do CEIP Manuel Sueiro no Parque de San Lázaro, cunha sesión de animación á lectura previa ao recorrido guiado polas librarías; ás 12:00 horas será a quenda do CEIP Mestre Vide, que arrincará na Praza Maior.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Tras as dinámicas de animación, os escolares visitarán as librarías da cidade que participan na iniciativa: Garce, Tanco, Eixo, Maelka, Queixumes, A Nova, Padre Feijóo e Nobel. O obxectivo é que os máis pequenos descubran a maxia que albergan as estanterías das librarías. A Agrupación Provincial e o Concello animan a toda a cidadanía a participar o 13 de novembro e a visitar a súa libraría de confianza.

















