DIGITAL_EXPO ofrecerá ao comercio de proximidade da Eurorrexión solucións prácticas para dixitalizar o proceso de venda na 27ª edición de Xantar

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A dixitalización converteuse nunha ferramenta clave para mellorar a competitividade do comercio de proximidade. Co obxectivo de achegar esta transformación aos negocios locais de Galicia e o norte de Portugal, o proxecto transfronteirizo DIXITAL_EXPO celebrará unha nova sesión demostradora centrada na dixitalización integral do proceso comercial, desde a xestión das vendas ata o control do stock.

Esta sesión impartirase baixo o título “Dixitalización de Comercios: da venda ao stock” e achegará claves e ofrecerá solucións reais e prácticas para modernizar o comercio de proximidade. Impartirase o venres 20 de novembro en Expourense, no marco da celebración de la 27ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico. Terá lugar en sesión de mañá de 10.30 a 14.00 h. A asistencia é gratuíta, previa inscrición.

Esta xornada formativa estará impartida por Abinco Dixital, empresa galega con 25 anos de traxectoria acompañando ás empresas na incorporación de tecnoloxía aos seus procesos e modelos de negocio. Las distintas relatorios correrán a cargo de Fernando Garrido Moreno, Consultor Estratéxico e Director de Expansión Comercial. e de Fernando Garrido Martínez, Consultor Senior en Solucións Tecnolóxicas e Dixitalización.

PROGRAMA SESIÓN DEMOSTRADORA
10.30 h Benvido e presentación de Abinco Dixital.
10.40 h Estratexias de dixitalización para comercios de proximidade.
11.15 h Solucións tecnolóxicas para a xestión de vendas, compras e stock.
11.45 h Pausa café.
12.15 h Dixitalización de documentos e procesos con intelixencia artificial.
12.45 h Casos de éxito e boas prácticas no comercio transfronteirizo.
13.15 h Recursos do programa Interreg para a transformación dixital do
Comercio.
13.50 h Preguntas e peche.

Esta sesión forma parte do plan de accións formativas e encontros que o proxecto DIXITAL_EXPO está a realizar desde a súa presentación o pasado mes de xuño e que teñen o obxectivo de impulsar a transformación dixital e reforzar a competitividade do sector comercial da Eurorrexión.

DIXITAL_EXPO é un proxecto liderado pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo #da Xunta de Galicia, no que tamén participan Expourense, a Universidade de Vigo e as cámaras municipais de Viana Do Castelo, Ponte de Lima e Arcos de Valdevez. Está cofinanciado pola Unión Europea a través do programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, conta cun orzamento superior ao millón de euros e desenvolverase ata o 31 de decembro de 2027.

A participación na xornada require inscrición previa a través da seguinte ligazón:
https://digital-expo.eu/inscripcion-jornada-digitalizacion-de-comercios-de-la-venta-al-stock/

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------