O Concello do Carballiño deu por finalizadas as obras de renovación do pavimento do Parque Empresarial e de ampliación da rede de evacuación de augas pluviais. A intervención dá resposta a unha demanda reiterada das empresas da área industrial e mellora as condicións de circulación nos accesos e nas rúas interiores do recinto. Os traballos supuxeron un investimento de 150.000 euros, financiado en preto dun 80% pola Xunta de Galicia
Os traballos permitiron renovar preto de 6.500 metros cadrados de firme nos puntos que presentaban irregularidades e fochancas polo paso habitual de vehículos pesados. A mellora do pavimento facilita os desprazamentos diarios das persoas que traballan no polígono e a circulación dos vehículos de transporte de mercadorías.
A actuación incluíu tamén a instalación dun novo tramo da rede de pluviais para facilitar a evacuación da auga da chuvia e reducir as acumulacións en puntos nos que afectaban á seguridade viaria.
O proxecto foi presentado en outubro á Asociación de Empresarios da Área Industrial do Carballiño (AICA). Naquela reunión, José Castro-Gil, alcalde en funcións, explicou o alcance das obras ao presidente da entidade, Manuel Carballeda, e á integrante da asociación Ana Ferradás. Castro-Gil destacou entón que «a reparación dos pavimentos era unha demanda moi reiterada polo sector.
















