A 27ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, abriu hoxe as súas portas en Expourense reunindo a 74 expositores e ofrecendo máis de 100 actividades que teñen como obxectivo posicionar la enogastronomía como un dos principais motivos para o intercambio de turistas entre Galicia e Portugal. Esta nova edición de Xantar, en la que Portugal participa como país invitado, contribúe a reforzar os vínculos entre ambos os territorios, animando ao mesmo tempo ao público portugués a descubrir Galicia para a celebración do Xacobeo 2027.

A inauguración desta edición estivo presidida polo conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, José González, que destacou o papel de Xantar como escaparate da excelencia agroalimentaria e do Mar de Galicia, así como espazo idóneo para promocionar a iniciativa «Prato de Mercado», promovida desde esta Consellería coa finalidade de visibilizar o papel dos mercados locais e as prazas de abastos das cidades galegas como motores da economía local e referentes do produto fresco, de calidade e de proximidade. Tamén participaron no acto o presidente de la Deputación Provincial de Ourense, Luis Menor, e, en representación de Portugal, país invitado desta edición, participou o vicepresidente da Entidade de Turismo Porto e Norte, José Cancela.
No recinto feiral de Exporutense, o stand do Xeodestino O Ribeiro-O Carballiño voltou a converterse en punto de referencia dos visitantes como escaparate da riqueza enogastronómica dos concellos que o integran. E tendo como eixo vertebrador o ‘pulpo á feira’ que, acompañado por viño da D.O. Ribeiro, poideron degustar as autoridades presentes no acto, como foi o caso do conselleiro José González ou o presidente da Deputación, Luis Menor. Todo elo co presidente do Xeodestino, Francisco José Fernández no papel de anfitrión, e o bó facer dos integrantes da Asociación de Pulpeiros do Carballiño, que prepararon o exquisito cefalópodo, emblema dun evento gastronómico con 64 edicións de andaina e declarado de Interese Turístico Internacional, e que estiveron arroupados por Manuel Dacal, concelleiro de Turismo da vila do Arenteiro.
Un recinto no que tamén teñen cabida o Pan de Cea e o Pemento da Arnoia, con casetas independentes para mostrar estes produtos con Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e que son motivo de festas de exaltación nas primeiras fines de semana de xullo e agosto. E destes produtos faláronnos para Badal Novas o presidente do Consello Regulador de Cea, Juan Luis Calviño, e o alcalde da Arnoia, Rodrigo Aparicio.
Xantar leva 27 anos promocionando o turismo gastronómico de Galicia, que constitúe la segunda motivación por la que os turistas elixen esta comunidade como destino. En 2025, máis de 160.000 persoas procedentes doutras partes de España visitaron Galicia, principalmente por motivos relacionados co turismo gastronómico. Isto supuxo aproximadamente 764.000 noitadas e xerou 93,7 millóns de euros. Estas cifras tradúcense nun gasto diario medio de 122,50 euros por persoa, fronte a unha media nacional de 65,9 euros.

Con esta xornada inaugural, Xantar dá paso a catro días de intensa actividade cun programa de máis de 100 propostas, entre obradoiros de cociña en directo, catas comentadas, presentacións e degustacións, alén dunha área expositiva en la que participan 74 expositores.
Toda a información e as novidades de Xantar 2026 poden consultarse en la web www.xantar.org e nos seus perfís oficiais de redes sociais: Facebook (www.facebook.com/xantar) e Instagram (@xantaroficial).
O horario de apertura da feira é de 11,00 a 1,00 horas, agás o domingo, 22 de novembro, cando o salón pechará as súas portas a las 18,00 horas. A entrada é de acceso libre e gratuíta.

















