Curso de prevención precoz da delincuencia en adolescentes

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

UNED Ourense ofrece esta iniciativa para loitar contra o crime protagonizado por menores, que vive unha tendencia á alza debido á crise sistémica que se vai consolidando desde hai algúns anos.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

OURENSE, 20 de novembro de 2026. Existen actos especialmente graves, cometidos por adolescentes. É aterrador que os menores se vexan atraídos polo crime. O profundo cambio na estrutura da delincuencia xuvenil resulta alarmante. Estamos a lidar cunha crise sistémica que madurou nos últimos anos. Hai cinco anos, viamos que o crime adolescente era principalmente de roubo e pequeno vandalismo. Hoxe vemos un aumento nas accións violentas sobre todo en delitos de narcotráfico.
Moi rechamante é a gravación en vídeo dos delitos cometidos. A miúdo estes crimes cométense polo ben dunha demostración pública de dominación nas redes sociais, unha especie de “exhibicionismo dixital”. Unha parte significativa dos actos ilegais son cometidos por menores en grupos. Isto indica unha forte influencia da contorna da rúa e a necesidade de que un neno encaixe no grupo de referencia, mesmo a costa de violar a lei. Incluso o número de adolescentes involucrados en crimes relacionados co terrorismo, que se están volvendo cada vez máis agresivos, aumentou. Elevouse a dispoñibilidade de armas que provocaron á súa vez un aumento da violencia co seu uso (especialmente coitelos) nos conflitos de adolescentes. A participación organizada destes nos delitos converteuse nunha tendencia constante.
Ante este panorama, UNED Ourense organizou o curso Delincuencia xuvenil: prevención precoz e intervención criminolóxica multidisciplinar. Inaugurarase o día 30 deste mes e prolongarase ata o 17 de decembro. O seu desenvolvemento será no salón de actos de UNED Ourense e poderá seguirse tanto presencialmente como en liña en directo ou en diferido. Consta de 30 horas lectivas.
O relator é Luis Alamancos Pampín, criminólogo e criminalista Forense. Máster en Policía Científica e Investigación Criminal. Director e Xefe de Seguridade, formado en Reino Unido e Israel. Perito Xudicial. Membro Investigador de Postmaster da Sociedade Científica de Doutores e Masters en Grafoanálisis, Grafística e Documentoscopia. Titulado por la UAB.
O programa é o seguinte:
Luns, 30 de novembro:
16.30-20.30 h. Introdución criminolóxica á delincuencia xuvenil. Teorías criminolóxicas aplicadas a menores e mozas.
Martes, 1 de decembro:
16.30-20.30 h. Factores de risco e factores de protección. Psicopatía xuvenil, trastornos de conduta e detección precoz.
Xoves, 3 de decembro:
16.30-20.30 h. Condutas aditivas, impulsividade e delincuencia xuvenil. Tolerancia á frustración, violencia e regulación emocional.
Xoves, 10 de decembro:
17.00-19.00 h. Mesa redonda: Empezamos a traballar cun menor cando o crime xa está cometido? Participarán:
Un representante do Centro Trama Ourense.
Yolanda Rodríguez Castro, Profesora Titora UNED Ourense e Profesora Titular de la UVigo no departamento de Análise e intervención psicosocioeducativa (Facultade de Educación e Traballo Social).
José Manuel Ucha López, Fiscal delegado de Menores en Ourense.
Luns, 14 de decembro:
16.30-20.30 h. Familia, escola, grupo de iguais e contorna dixital. Redes sociais e reputación: Acoso, ciberacoso e violencia dixital.
Martes, 15 de decembro:
16.30-20.30 h. Bandas xuvenís e grupos urbanos violentos.
Xoves, 17 de decembro:
16.30-20.30 h. Avaliación do risco, prevención e intervención.
Matrícula
A modalidade Estudantes é para estudantes NO UNED (doutras universidades, ciclos FP, Escola oficial de Idiomas, Conservatorio de Música), e é necesario achegar copia da matrícula curso 26/27
Os Colexiados (calquera colexio profesional oficial) teñen que enviar certificado de estar colexiados ou copia do carné de colexiado.
As Forzas e Corpos de Seguridade (incluídos Detectives Privados e Vixiantes de Seguridade) teñen que enviar copia do carné profesional.
Os Estudantes da UNED non teñen que achegar ningunha documentación, excepto os de Doutoramento, UNED Senior e Programas de Formación Permanente, que deberán enviar copia da matrícula.
Prezos:
Matrícula Ordinaria: 45 €
Alumnos UNED: 30 €
Colexiados: 35 €
Estudantes: 30 €
Membros de Forzas e Corpos de Seguridade: 35 €
Matrícula en liña


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Este curso está dirixido a estudantes universitarios do ámbito da educación, dereito, criminología, traballo social e psicoloxía, profesionais da educación; psicoloxía e traballo social, forzas e corpos de seguridade, persoal técnico o ámbito da mocidade (Información Xuvenil, concellos, deputacións e outras entidades) e interesados en xeral.
Sistema de avaliación
Para obter o certificado final do curso hai que realizar un traballo con data de entrega 15 xaneiro de 2027 que será computable con 4 horas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------