Video do acto de entrega dos Premios Arenteira 2020

Por culpa do covid este ano o acto de entrega dos premios Arenteira non pudo ter público, pero non por eso deixou de ser un acto emotivo

VIDEO

O xurado elixiu por unanimidade, dentro dun gran número de aspirantes, na categoría de Cultura, a Xosé Prada Martínez, director do grupo de teatro Tiruleque; na categoría de Deporte, a José Fernández Godoy e, a título póstumo, Víctor Campio Pereira, poeta nado en Garabás, cuxo premio foi recollido polas súas fillas Carmen e Isabel Pereira. Dende a distancia, algúns dos seus achegados optaron polo formato en vídeo para compartir con todos anécdotas, recordos e boas verbas sobre os tres agraciados e a súa traxectoria. A nota musical correu a cargo do Coro de Cámara Música Viva e grupo de música folk céltica galega Tor.

AVANTAR ACTIVIDADES
Foto Yeray