O goberno municipal de Piñor vén de aprobar, no pleno celebrado no día de onte, o orzamento para 2027, que ascende a 1.488.278,20 euros. “É un orzamento feito para a xestión diaria do día a día do Concello e para investir sen hipotecar o futuro”, apuntan dende o goberno local. “Este é un orzamento serio e responsable. Garante os servizos que os veciños e veciñas precisan cada día, aposta polo investimento e faino sen pedir un euro de crédito”, asegura o alcalde, José Luis González Rodríguez. Máis do 83% do gasto vai destinado a mantemento dos servizos municipais que precisan os nosos veciños.
No que respecta ás inversión reais contempla 162.478,20 euros, financiadas case por completo con transferencias de capital doutras administracións. Aínda que a maioría dos investimentos previstos non se contemplan no orzamento inicial porque proveñen de convenios ou subvencións con outras administracións que están en tramitación.
Os capítulos de activos e pasivos financeiros están a cero, mantéñense os servizos e investimentos sen endebedar o concello. O proxecto inclúe un fondo de continxencia de 7.100 euros para imprevistos e mantén os gastos financeiros nun mínimo de 4.500 euros, tal como recolle o informe da Intervención municipal.
Con esta aprobación en novembro permitirá que o orzamento entre en vigor o 1 de xaneiro de 2027 mostra de rigor, planificación e boa xestión, empezando oano con contas aprobadas e sen paralizaciónsO goberno quere aprobar o orzamento antes do inicio do exercicio para poder xestionar desde o primeiro día de 2027, sen prórrogas nin paralizacións.
















