Galicia reicibirá 500 vacinas para a covid-19 este domingo

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Xunta de Galicia iniciará o vindeiro domingo, 27 de decembro, a campaña de vacinación da covid-19 nunha residencia sociosanitaria da área de Santiago de Compostela.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Trala confirmación esta tarde ás autoridades sanitarias galegas, por parte do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, do envío inicial de 500 doses, a Xunta vese obrigada a variar o plan inicial previsto, no que se contemplaba a vacinación simultánea en residencias das sete áreas sanitarias da comunidade.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lamenta que o número de doses que chegarán o domingo a Galicia “non sexa suficiente para comenzar a campaña de vacinación segundo o previsto”.

Así mesmo, e segundo se informou no Consello Interterritorial, a segunda entrega de doses para Galicia chegará o vindeiro luns, cunha cantidade aproximada de 18.000 novas doses. Con todo, estas doses non poderán empregarse até a xornada do martes, debido aos prazos que precisa a vacina para desconxelarse e así poder subministrala.

Por outra banda, García Comesaña subliñou que a cadencia das vacinas será sostida, “algo fundamental á hora de xestionar a loxística” do plan deseñado polo Servizo Galego de Saúde.

Sobre o reparto das doses por comunidades, o titular da carteira de Sanidade, insiste en que o criterio que debe primar é a porcentaxe de persoas maiores de 65 anos de cada comunidade autónoma, dado que son a poboación máis vulnerable. “Son a prioridade, e en Galicia hai mais de 750.000 maiores de 65 anos, ou o que é o mesmo, o 25% da poboación”.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------