O delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén reúnese co alcalde de Maceda

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén Castro, continúa coa súa rolda de encontros institucionais tras tomar posesión como novo representante da administración autonómica na área territorial.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Nesta ocasión, desprazouse ao concello de Maceda onde mantivo unha reunión coa seu alcalde, Rubén  Quintas, na que analizaron as principais demandas deste municipio en relación á administración autonómica. En concreto, o rexedor trasladoulle ao delegado territorial a necesidade de mellora de infraestruturas de Política Social.

Pola súa banda, o delegado fixo balance das recentes inversións da Xunta de Galicia neste concello, destacando as achegas en materia de promoción da igualdade e infraestruturas turísticas, entre outras.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------