A comarca sobe hoxe o número total de casos activos de coronavirus ata os 28, unha cifra que se balancea pola evolución de catro concellos.
No Carballiño, hoxe os datos mantéñense nos 7 contaxiados, trala subida dun caso nesta fin de semana.
Boborás é o concello que se atopa no nivel máxima de restricións sanitarias. Hoxe os datos establecéndose nos 10 positivos, os mesmos casos ca dende o sábado, no que baixou tres casos.
Maside tamén amosa certa preocupación, co aumento na pasada semana debido a dous brotes. Hoxe mantén 10 contaxios, tras pasar dos 8 o pasado sábado. O comité mantén a Maside en vixilancia e mañá decidirase se se toman medidas más restritivas.
San Cristovo de Cea conta cun positivo. E os demais concellos, Beariz, O Irixo, Piñor, Punxín e San Amaro están libres de coronavirus.
PUBLICIDADE
