Dende o BNG volven denunciar o estado en que se encontra a estrada OU-307 (Leiro – Caldelas) ao seu paso por Berán. Esta vía, de titularidade provincial, no núcleo de Berán aseguran que ten máis de 200 metros sen valado de protección nunha área, que ten una caída de máis de 4 metros de altura.
Desde o BNG non entenden por qué cando se arranxou o muro nesa zona non se volveu colocar o valado antigo ou se colocou un novo.
Entenden que o estado actual desa estrada é unha mostra máis do desleixo do goberno polo mantemento das infraestructuras das nosas parroquias.