Carmen R. Dacosta do grupo socialista censura a inacción da Xunta con respecto á “difícil situación” do sector téxtil

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Carmen Rodríguez Dacosta insta ao goberno galego a desenvolver un “plan de acción” que “evite ou reduza” a perda continuada de postos de traballo no sector

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A voceira de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, vén de censurar a inacción da Xunta de Galicia con respecto á “difícil situación” do sector téxtil. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, a través da presentación dunha pregunta ao goberno galego.

“Cada día se perden en torno a 8 empregos relacionados directamente coa industria téxtil na nosa comunidade”, alertou Rodríguez Dacosta logo de sinalar que, dende decembro de 2019 se perderon preto de 8.000 afiliados á seguridade social do sector industria-comercio.

De feito, subliñou, “a pandemia, o confinamento, a caída do consumo e o boom do comercio electrónico está a provocar que o comercio acumule 14 meses consecutivos de retroceso nas súas ventas e dunha caída xeneralizada do consumo”, lembrou a socialista.

Nesta liña, censurou o “insuficiente apoio financeiro” que recibe o sector en Galicia cando as propias asociacións “apuntan a que se non se fai nada ao respecto entre o 20 e 25% de todos os negocios do sector desaparecerán”.

“Necesitamos que a Xunta actúe e que actúe rápido”, incidiu a voceira socialista ao tempo que instou ao goberno a apostar por un “plan de acción” que “evite ou reduza” a perda continuada de postos de traballo no sector.

Ao fío disto, Rodríguez Dacosta propuxo ao goberno galego levar a cabo programas de renovación xeracional, plans de formación e reciclaxe laboral para persoas desempregadas, ademais de outorgar axudas directas ligadas ao mantemento do emprego.

A SITUACIÓN DE H&M EN GALICIA     

En relación á situación de H&M, a voceira socialista enxalzou a “loita titánica” que mantiveron as traballadoras para conseguir un acordo coa empresa. Logo de planificar unha escalada de mobilizacións dende o día 30 de abril e cun seguimento “masivo”, destacou a socialista, “non podo de deixar de amosarlles a admiración do Grupo Parlamentario das e dos Socialistas de Galicia”.