O BNG alédase do proxecto de reforma do Xardín do Posío mais solicita que de maneira urxente se reabran os aseos pùblicos situados ao carón da cafetería

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Son múltiples as queixas das usuarias e usuarios do Xardín do Posío reclamando a reapertura dos aseos ubicados ao carón da cafetería, cuia concesión caducou recentemente, pois son moitas as persoas, maiores e crianzas, as que botan en falla este servizo

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense alédase da presentación do proxecto de reforma do Xardín do Posío. Un dos principais emblemas da cidade, historia viva da mesma pero que nos últimos anos sufriu unha importante degradación. Falamos dunha zona verde referencial na cidade e disfrutada por centos e centos de veciños e veciñas de tódalas idades.

Apertura aseos públicos

Non obstante, os nacionalistas queren aproveitar para reclamar ao Goberno Local a reapertura dos aseos públicos situados ao carón da cafetería, pechados desde que rematou a concesión da mesma e cuia apertura e mantemento correspondía á concesionaria.

Nas últimas semanas son moitas as veciñas e veciños que se teñen dirixido ao BNG para reclamar que se reabran pois moitas das usuarias e usuarios son persoas,  mairitariamente maiores, que precisan deste servizo.