Poesia en Sandiás. Unha viaxe sensorial da man de Rochi Nóvoa cun obradoiro de poesia lúdico para aprender habitar os versos, recitalos, cantalos, pintalos e escribilos coa forza e sedución da palabra.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A cita tivo lugar o 18 de marzo no Local Social do Concello de Sandiás organizado pola Furgoteca, presentado por Reme Cid e animado cun estilo refrescante, visual e didáctico pola polifacética Rochi Nóvoa, onde a lectura tradicional deixou paso a un circuíto de “estacións poéticas” dinámicas e creativas para todos os públicos, entre eles, 20 alumnos e alumnas do CEIP de Sandiás e profesores acompañantes.

O obxectivo foi achegar a lírica rompendo a barreira da “lectura pasiva” e fomentando a creatividade colectiva. Cómo indica Rochi Nóvoa: “que cada persoa que se achegue poida habitar os versos, xogar con eles e descubrir que a lúa ten moitas caras que mostrar. A poesía non só se le, tamén se percorre.”Baixo esta premisa, a escritora Rochi Nóvoa presentou tamén o  seu libro Versos e Lúas dun xeito fóra do común: transformando o acto de ler nunha experiencia participativa e lúdica. Unha presentación en movemento, lonxe das presentacións estáticas. O espazo do Local Social converteuse nun itinerario creativo dividido en pequenas estacións e probas, deseñadas para que os nenos e nenas poideran “viaxar” polos versos dun xeito entretido.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

En definitiva, unha oportunidade para achegar a poesía ás crianzas, os e as educadores e as familias, compartir cultura e celebrar xuntos a sedución e forza da palabra.O Obradoiro desenvolveuse en torno ás seguintes “estacións poéticas”: poemas con obxectos, rima lóstrego, haiku, poesía sonora, poema de cor, poesía estean, cadáver exquisito, debuxa unha paisaxe, ordena un poema e crea o teu propio poema.

Para chegar o produto de crear o poema identificaron cartas con imaxes, identificaron autores de estrofas, puxeron en orde frases para formar un poema, tamén aprenderon a debuxalos, practicaron o cantar das regueifas, elixiron obxectos cos ollos pechados e a partir deles crearon unha rima e outras moitas probas para adestrarse na creación da poesía.

De despedida, Rochi entregoulle a cada un agasallo personalizado, un chuche doce e unha mensaxe oculto. Quedoulles por crear o poema e comprometéronse a facelo non seu colexio.

Grazas Rochi Nóvoa polo marabilloso obradoiro neste día da Festa da Poesía.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------