Santa Cecilia no auditorio municipal

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O CONSERVATORIO E A ESCOLA DE MÚSICA CELEBRARÁN A SANTA CECILIA ESTE XOVES, 21 DE NOVEMBRO, CUNHA AUDICIÓN NO AUDITORIO MUNICIPAL ÁS 20,00 H

O Carballiño, 20 de novembro de 2019.- O alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional e da Escola Municipal de Música, celebrarán como todos os anos a festividade da súa patrona, Santa Cecilia, cunha audición que terá lugar este xoves, 21 de novembro, ás 20,00 h., no auditorio municipal Manuel Maria.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Na audición, que será de entrada libre e gratuita, haberá demostracións de pezas musicais con variedade de instrumentos: vento, metal, percusión, corda…; e diversos tipos de formacións. Dende a dirección destes centros covídase a todos os veciños e veciñas que o desexen a asistir a este evento, no que se ofrecerá unha mostra do talento artístico do alumnado e profesorado

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------