O CONCELLO INVISTE 17.000 EUROS NO ASFALTADO DE CINCO PISTAS DE ACCESO E NÚCLEOS DO RURAL NA ZONA DE LOBÁS
Dentro do plan de mellora de infraestruturas nas parroquias, o concello do Carballiño inviste máis de 17.000 euros no asfaltado de cinco pistas de acceso e núcleos da zona de Lobás. Trátase dos lugares de Trigás, Paradela, Bertamil, Boedes-A Granxa e Boedes- Lousado. Son en total 2.357 metros cadrados de superficie, cuxo asfaltado remátase este días.