O PP de Carballiño Mostra TOTAL REPULSA polo Acto Machista do Concelleiro de Persoal

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O GRUPO POPULAR DO CARBALLIÑO MOSTRA TOTAL REPULSA POLO ACTO MACHISTA DO CONCELLEIRO RESPONSABLE DE PERSOAL CARA A UNHA CONCELLEIRA DO BNG DURANTE O ÚLTIMO PLENO.

VIDEO CON DECLARACIÓNS DE PEREA

COMERCIAL ORCELLÓN

PASADAS MOITAS HORAS DESDE O ACONTECIDO ONTE, E ANTE A  INACCIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL, DO ALCALDE E DO PROPIO CONCELLEIRO, O GRUPO POPULAR ANUNCIA QUE NON SECUNDARÁ, MOI AO SEU PESAR, E POR PRIMEIRA VEZ, OS ACTOS ORGANIZADOS POLO CONCELLO PARA CONMEMORAR O DÍA DA MULLER.

NON PODEMOS DEFENDER A IGUALDADE XUNTO CO GRUPO DE GOBERNO DO CARBALLIÑO, SE NO SEO DO MESMO EXISTEN ACTOS QUE FALAN DO CONTRARIO.

ESIXIMOS REFLEXIÓN SOBRE AS COMPETENCIAS QUE TEN ASIGNADAS O CONCELLEIRO D. MANUEL SOTELO ENTRE AS QUE ESTÁ O  VIOGEN.

“Non  estou  rosmando, SEÑORITA..  ou.. SEÑORA” foron palabras emitidas polo concelleiro do Grupo de Goberno Socialista D. Manuel Sotelo, que sen ter quenda de palabra dirixiulle á concelleira do BNG Dona Sofía García, cando esta estáballe recriminando accións de goberno que ela entendía que non eran correctas.

Non é a primeira vez que este concelleiro interrompe cos seus murmurios e cos seus comentarios as críticas que chegan desde a oposición no transcurso dun pleno, sen estar no uso da palabra, pero esta vez, pola forma de dirixirse á compañeira de corporación, demostra unha falta de total respecto que fai evidente o seu talante intransixente con quen falaba, polo feito de ser muller.

Hai anos que a expresión “señorita”, está fóra do noso vocabulario coloquial, sendo unha expresión perseguida durante moito tempo polo mundo feminista, tendo en conta que ten un significado pexorativo da muller como persoa individual e con dereitos propios.

A expresión utilizada de “señorita ou señora” acompañada da seguinte expresión que lle fixo de “E ACABE XA” de forma autoritaria e  chulesca, aínda ratifica máis o acto de machismo.

Non é un tema menor, tendo en conta que este concelleiro é o responsable do persoal do Concello, e tamén do  VIOGEN, por ser o responsable da policía local, polo que queda moi en dúbida a súa capacidade para iso, pois á nosa forma de ver esta espontánea expresión machista, que onte puidemos apreciar, define por si soa ao Concelleiro. Este asunto debería facer reflexionar ao Señor Alcalde Paco  Fumega, sobre as competencias deste Concelleiro.

Sabemos do mal momento que está a pasar a compañeira de corporación Sofía García, e queremos mostrarlle o noso respecto e aprecio, e non queremos que isto afecte o seu traballo de oposición, que aínda que o fai con criterios moitas veces afastados dos propios do noso Grupo Popular, sempre son respectables.

O Grupo Popular do Carballiño sempre estivo a apoiar os actos conmemorativos do día internacional da muller que se organizan desde o propio Concello, e esa era nosa intención este ano  tamén, tal como xa dixemos no propio pleno nunha moción presentada polo BNG, pero tras o acontecido, e ante a  pasividade e   inacción tanto do propio concelleiro como do Alcalde e de todo o grupo socialista do goberno, a decisión é non acudir por primeira  vez a estes  actos, pois non podemos compartir un acto do 8 de MARZO , con quen  tapa, protexen e silencian  actuacións que van contra o que ese día celébrase.

Os membros do Grupo Popular do Carballiño, estaremos a conmemorar o día internacional da muller noutros actos distintos aos do Concello.

Non queremos deixar tampouco de lado o mal facer do alcalde Paco  Fumega que nunca soubo, non sabe e non quere levar as rendas dun pleno, e que fai que os seus concelleiros e concelleiras se envalentonen ao redor da maioría que teñen e falen cando lles peta en calquera momento do Pleno.

En todo caso, seguimos á espera de que exista algún tipo de reacción do goberno municipal, o cal valoraremos en canto prodúzase.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------