Dende que a Xunta deu luz verde á celebración de mercados ao aire libre ainda non se celebrou ningunha no Carballiño e hoxe terá lugar a primeira feira durante o estado de alarma. Son feiras só para vender produtos agroalimentarios e cun estricto control das medidas de seguridade. Houbo unha xunta para estudar a organización da feira entre a concelleira de Servizos Públicos, o concellerio de seguridade, Manuel Sotelo, a Policía Local e a Guardia Civil.
xa hai 30 feirantes que confirmaron ao concello que verían mañá cos seus postos ademáis das pulpeiras. A gran maioría estarán ubicados no seu lugar habitual. Marcarase cun punto de pintura donde se poden poñer os postos respectando as distancias de seguridade.

Poderemos entón degustar o noso prato estrela o pulpo, pero lembramos que poderá ser sempre que sexa de xeito individual. Rosa Fuentes pediu colaboración cidadá para respectar as normas de sanidade e a distancia de seguridade
Rosa Fuentes apoia a hostalería do carballiño para darlles todas as facilidades posibles para que desenvolvan a súa actividade

Así o asegura a concelleira Rosa Fuentes cando dí que o concello valora individualmente cada unha das solicitudes que foron chegandolles para pedir a ampliación do espazo da terraza. Nalgúns caso é sinselo permitilo porque o local está nunha ubicación a mellor forma de facelo incluso coa habilitación de espazos adxacentes que o permitan. Non sempre é posible porque hai que deixar espazo lóxicamente para o paseo.
Respecto das situaciones que se viviron nas terrazas estes primeiros días de fase 1 no Carballiño, Rosa Fuentes apela a responsabilidade dos veciños coas medidas de seguridade e comprensión coa difícil situación económica que están vivindo os hostaleiros.
