Reunión de todolos partidos da Corporación Municipal do Carballiño

TODOLOS PARTIDOS DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CARBALLIÑO REUNÍRONSE ESTA MAÑÁ PARA CONSENSUAR AS BASES COAS QUE SE DISTRIBUIRÁN AS AXUDAS FRONTE A CRISE DO COVID19

Dos case dous millóns de euros de axudas fronte a crise e que se dividirán en duas,  unha partida de 360.000 euros irá destinada a axudas a pemes e autónomos. Para distribuir esas axudas é necesario redactar unhas bases cos criterios que deben cumplir os solicitantes para acceder a elas. Precisamente da urxencia de ter esas bases publicadas falouse e criticouse no último pleno. Podemos do Carballiño presentou unha proposta de bases e o PP fixo o propio esta mesma fin de semana.

AVANTAR ACTIVIDADES

VIDEO

Para debater e consensuar esas bases, o alcalde Fco Fumega convocou aos voceiros da oposición para unha reunión onte pola mañá.

Definiuse que haberá catro liñas de actuación para axudar ao tecido económico da vila: para alugueiros, para gastos de actualización sanitaria dos locais, modernización dos establecementos e gastos administrativos e de funcionamento.

Ademais haberá un bono de compra para fomentar que se merque no Carballiño e un bono social para familias necesitadas.